IDEAS PARA NENOS
XENIAIS
A
maiores do traballo diario que se vaia propoñendo, gustaríame facervos unhas
recomendacións xerais que espero vos sirvan de axuda e vos dean ideas.
o LER, LER E LER! Un pouco todos
os días, aquelo que lles guste mais e lles faga desfrutar da lectura.
BRILLANTINA
estará contenta cando volvades ao cole!
o Realizar
un CADERNO DE BITÁCORA, no que cada
día recollas a DATA (repasando os días da semana, meses, estacións, etc), un
debuxo/fotografía do que fixeches, liches, cociñaches ese día, só unha cousa,
acompañado dunha pequena frase que o
explique! Faille unha portada e contraportada, decora as páxinas...bonitas,
creativas, orixinais! Tamén podes engadir nel outros traballiños que vaias
facendo.
o Escribir moito: cartas a
familiares, un correo á profe, a lista da compra... todo o que se vos ocorra!
o Elaborar
o horario semanal. Se o tes no teu
lugar de traballo axudarache o non perder de vista os teus obxectivos. Podes
incluírlle debuxos, imaxes, pegatinas, etc
*Adxunto mais abaixo unha idea de
horario semanal.
o Conta todo o que atopes. Os
libros da túa estantería, os peluches da habitación... e con ela inventa
problemas e operacións matemáticas. Ten a mente activa.
o Facede exercicio!
Bailade, xogade, correde...sen esquecer descansar moito, moito e cargar pilas!!
Calquera
cousa que teñades en mente, non dubidedes en saudar elenanb@edu.xunta.gal
Pincha aquí para ver horario e info
Ningún comentario:
Publicar un comentario