luns, 16 de marzo de 2020

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS


Bo día a todas e todos, tendo en conta as características excepcionais deste momento que estamos a vivir e coa fin de garantir que os nenos e nenas poidan continuar coa súa formación académica, elaborei unha proposta de traballo diario que espero que vos sirva de axuda e que irei enviando a través da aplicación ClassDojo.
            A idea da mencionada proposta é principalmente que os nenos/as non perdan o hábito de traballo, a rutina e sobre todo as ganas de aprender; por isto gustaríame recalcar a importancia de manter un horario diario e un lugar concreto para que fagan as súas tarefas.
            Por suposto, sendo unha proposta, cada un adaptará a mesma as súas posibilidades xa que a finalidade desta é facilitar actividades concretas de reforzo de aspectos traballados ou iniciarse en outros. Quero facervos chegar ademais, que tal como recollen as instrucións da Xunta, estas actividades non serán avaliables.
            Para ter unha vía de comunicación que nos poida axudar na resolución de dúbidas, facilítovos un correo electrónico.
            De tódolos xeitos, tamén vos podedes poñer en contacto comigo a través da aplicación ClassDojo. Non dubidedes en contactarme para calquera dúbida, aportación, idea e mesmo para solicitar algún traballo personalizado ás necesidades dos vosos fillos/as.
            Moitas grazas de antemán pola implicación e espero que entre todos rememos na mesma dirección e fagamos que a repercusión nos nosos nenos sexa a mínima posible.
Un saúdo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA

Hoxe é o último día e aos que vos apeteza podedes escribir unha mensaxe para os vosos compañeiros con algunha palabra bonita. Podedes dei...