martes, 17 de marzo de 2020

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 18


  • RUTINA

Escribir os días da semana ordenados, en algún soporte tipo cartolina ou cartón (reutilicemos!) e recortalos. Gardarémolos para repasalos outros días.

  • MATEMÁTICAS

Libro:
Resolución de problemas, verde oscuro (págs 21- 22)
Actividades de razonamiento lógico- matemático.
*Aquellos que quieran ampliar pueden inventarse un problema oral u escrito.

  • NATURAIS

Na aula estivemos traballando as aves e os mamíferos polo que como traballo a completar ao longo dos días podemos buscar aves e mamíferos propios de Cuba (en liña co nosos proxecto) e despois debuxalos ou pegar fotos, con información moi sinxela das características. A idea é ir completándoo pouco a pouco con diferentes clases de animais.

A continuación, poño algún exemplo. Cada un que o faga na medida das súas posibilidades e cos materias dos que dispoña, o importante é que o pasen ben facéndoo e que aprendan.



  • LINGUA
Libro
Escritura, verde escuro (páxs 19- 20)
Escribir oracións. Práctica da escrita


APPS DE CIENCIAS PARA ENTRETERNOS!

  • EXPERIMENTOS SENCILLOS EN FAMILIA


  • CIENCIAS EN CASA: EXPERIMENTOS CASEROS



RECORDARVOS que a idea é darvos propostas que vos podan resultar útiles, alternando libro e outras máis abertas para evitar utilizar Únicamente recursos en liña.
O traballo, por suposto, podedes adaptalo ás vosas posibilidades, horarios, etc Por favor calquera dúbida ou aportación non deixedes de falar conmigo!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA

Hoxe é o último día e aos que vos apeteza podedes escribir unha mensaxe para os vosos compañeiros con algunha palabra bonita. Podedes dei...