luns, 6 de abril de 2020

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA



Espero que desfrutedes moito destes días de "vacacións" un tanto peculiares... 
Por iso gustaríame deixarvos unhas propostas que espero que vos gusten!

  • Outra proposta divertida de Educiona e para facer en familia é ESCAPE ROOM CORONAVIRUS.

Anímate a entrar en bit.ly/coronaviruser e adéntrate na misión.
Reúne a toda a familia, colle un ordenador ou tablet e... ¡A xogar!
⚠️ Cada día engadiranse máis probas para manter o suspense. 
Moito ánimo e moita sorte!

  • APP PUPITRE
Aplicación deseñada para nen@s de entre 3 e 8 anos, para traballar dixitalmente diferentes contidos de lengua, mate, inglés, naturais… A aplicación está en aberto e nestes momentos é gratuita.
IPAD: https://apps.apple.com/es/app/pupitre/id576344561
TABLET ANDROID: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.santillana.pupitre


  • Un parchís diferente



  • Diario da cuarentena. AQUÍ 👈
Un recurso para expresar, pintar, contar e sobre todo un recordo para cando pase todo isto.

  • 50 experiencias e experimentos. AQUÍ 👈
Neve artificial, plastilina caseira, masa de sal, perruquería monstruosa, volcán... e moitísimas máis.

  • Arte, diversión e manualidades AQUÍ 👈
Con materiais de andar pola casa e de reciclaxe. Moi interesante para pasar o tempo e desenvolver a creatividade!

  • Un poema para darnos ánimos 💪 e tamén para completar cos nosos debuxos e ideas

  • Recrea o teu cadro favorito.
Unha idea chula que se levades a cabo, gustaríame que compartirades con nós. Animádevos!!


Para rematar, vouvos ensinar como traballan e lle dan á cabeciña algunhas das vosas compañeiras e compañeiros con cousas ben chulas e divertidas.
Botade unha ollada 👀👀







Recordarvos que para calquera cousa que necesitedes estarei ao outro lado da pantalla 💻 desexando ter noticias vosas.
💜




Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA

Hoxe é o último día e aos que vos apeteza podedes escribir unha mensaxe para os vosos compañeiros con algunha palabra bonita. Podedes dei...