domingo, 19 de abril de 2020

ATENDAMOS E COIDEMOS AS NOSAS EMOCIÓNS

DENDE O DEPORTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO COLE, DEIXANNOS A SEGUINTE PROPOSTA RELACIONADA CO CONTIDO MÁIS IMPORTANTE 
"AS EMOCIÓNS"
📢📢📢

Hai uns días propoñíamosvos tratar de coidarnos e coidar aos demáis empregando unha linguaxe positiva á vez que vos suxeríamos a posibilidade de facer debuxos transmitindo ánimo ao resto da nosa comunidade escola. 
Grazas polos debuxos e mensaxes de ánimo enviados e compartidos por Helena, Alejandro, Yara, Aldara e Martina!! 
Moitísimas grazas por ese aire fresco, enerxético, animoso, esperanzador e cariñoso que enviástedes a través dos vosos debuxos e das vosas mensaxes!! 
E o resto… aínda estades a tempo de facelo e enviárnoslo a conta de correo se queredes:

Pois ben, tan IMPORTANTE como iso é tamén 
PRESTAR ATENCIÓN ÁS NOSAS EMOCIÓNS
ao que elas nos din, a como nos sentimos nestos tempos máis que nunca…  É normal que sintamos por momentos tristeza, desánimo, medo, incertidume, incomprensión, rabia, ira, desánimo, soidade, illamento… É importante escoitar, recoñecer e identificar cada unha das nosas emocións, sentilas,
DARLLES ESPAZO E TEMPO PERO TAMÉN É IMPORTANTE EMPREGAR ALGÚNS TRUQUIÑOS, ESTRATEXIAS…PARA QUE NON SE APODEREN DE NÓS E NOS MANEXEN ESPECIALMENTE NESTOS DIFÍCILES MOMENTOS… 
Nin elas nin os pensamentos negativos que no axudan. En definitiva, poder ter nós o control sobre as emocións e os pensamentos que nos inundan. Para iso deixámosvos aquí duas presentacións con ALGÚNS CONSELLIÑOS E TRUQUIÑOS para manexar as nosas emocións e pensamentos nestos momentos de “recollemento nos nosos fogares” polo COVID-19. Son moi visuais e sinxeliñas:

        -Unha ppt do “Monstruo de cores” para Infantil e 1º e 2º de primaria que podedes atopar AQUÍ 👈👀👀



 E agora… que  VOS PARECE SE FACEMOS 
ALGO QUE NOS AXUDE A TOD@S E CADA UN DE NÓS 
(profes, nenos, nenas, mamás, papás, avós, avoas…) a desafogarnos individualmente (cada un na súa casa) pero tamén conxuntamente, xuntos no cole… polo que nos está pasando por dentro estos días???  
Para iso vos propoñemos o seguinte:

1º) Desafogo individualDurante uns días recolle e expresa nun papel con debuxos, escribindo (con palabras soltas, frases, textos…) ou como ti queiras, o que sintes, como te sintes… e non só ten que ser pola situación de recollemento co do virus, senón mesmo por outras cousas que che foron pasando dende hai tempo e que acumulas… Podemos facelo tod@s aqueles que queiramos: alumnado, profesorado, familias…


2º) Desafogo conxunto e compartido
Cando creas que nese papel deixaches recollidas as túas diferentes emocións, sentimentos…, faille unha foto a ese debuxo, texto ou o que sexa que fixeras, e envíao ao correo anima.portonovo@gmail.com.  
Subirémolos todos á web do cole (non fai falta poñerlle nome senón queredes) e así compartiremos xunt@s co resto da nosa comunidade como nos sentimos, o que nos pasa… e veremos que moito do que nos pasa a nós tamén lles pasa a moitos outros nenos, nenas, adultos… Iso á vez aproximaranos máis uns a outr@s e servirá para arrouparnos!!

3º) Desafogo comunitario presencial e ritual para “pasar páxina”
Xuntarémonos tod@s no noso cole no mes de xuño e faremos unha gran fogata queimando cada un de nós ese papel no que volcamos as emocións, sentimentos…

Anímaste?? 
Pode servirche para sentirte mellor e para facer sentir mellor aos demáis!! 
Nós xa imos empezar a facer o noso!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA

Hoxe é o último día e aos que vos apeteza podedes escribir unha mensaxe para os vosos compañeiros con algunha palabra bonita. Podedes dei...